Quantcast
Channel: O levantador de minas » Tradición
Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Pola biodiversidade do portal de Belén

$
0
0

“Segundo Joseph Ratzinger, máxima figura da Igrexa Católica baixo o nome de Benedicto XVI, a imaxe que temos na memoria sobre o portal de Belén contén varios datos sen rigor histórico. Segundo este erudito non cabe dúbida da realidade histórica “do nacemento de Xesús e da virxindade de María”, ao tempo que son invencións puras a presenza da mula e do boi, así como a funcionalidade da estrela que, segundo sempre escoitamos, guiou os Reis Magos até o lugar do evento: para o Papa actual era unha supernova, á que non se lle pode atribuír vontade algunha salvo a de consumirse seguindo unha órbita froito do azar.

Ficamos atónitos ao ver a falta de sensibilidade poética que demostra alguén que sen dúbida debe coñecer o valor profundo da Tradición, aquel conxunto de códigos que serviron através de milenios para falar do humano e o divino, do ancestral misterio que supón a nosa presenza no mundo e o destino final a que habemos de someternos. Son milenios os que levamos reutilizando os símbolos que, estruturados en aparentemente sinxelas alegorías, nos serven para transmitirmos e xogarmos a comprender o misterio irresolúbel da existencia. Alegorías de carácter esotérico, moitas veces, que agachan significados ocultos para aqueles que non coñecemos o código por falta de estudo, de experiencia ou por distancia temporal. Símbolos que foron feitos por mentes sabias e corazóns puros para transmitir o coñecemento esencial nunha época dada, e teñen, como todos os estudosos da literatura esotérica saben, diferentes datas de caducidade [...]” {Ler máis no Praza Pública}

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


SVENJA HERRMANN [20.216]


Goku tamaño real